martes, 10 xaneiro 2006

O MARCO cerra 2005 con 11.000 visitas máis que o ano anterior

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) rexistrou durante 2005 algo máis de 58.000 visitas, cifra que supón un incremento de máis de 11.000 con respecto ao 2004. Entre os maiores éxitos de público de ano pasado están a exposición de arte xaponesa "Chikaku" e a mostra de artistas brasileiros "Desarranxo".

Nova concentración na praza do Rei contra a violencia de xénero

martes, 10 xan 2006

Por segunda vez no que vai de 2006, a praza do Rei foi escenario dunha concentración silenciosa en contra da violencia de xénero. Dúas mulleres morreron a mans dos seus compañeiros, o pasado mércores en San Sebastián e o xoves e Palma de Mallorca.

A exposición sobre o Titanic levará áncoras o próximo domingo

martes, 10 xan 2006

Aqueles que queiran mergullarse na atmosfera do máis célebre dos trasatlánticos aínda poden facelo achegándose ao Ifevi, que acolle os últimos días da mostra itinerante "Titanic, the exhibition". A exposición, inaugurada o 28 de outubro de 2005, partirá o próximo domingo 15 rumbo a Granada.