Escoitar

Elena González cualifica de "moi interesante" o posible investimento de 20 millóns de euros nas parroquias

A presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Elena González, cualificou hoxe luns de "moi interesante" a <a href = 'http://xornal.vigo.org/xnnotsemana.php?lang=gal&noticia=5637'>proposta</a> do Goberno local de incluír nos orzamentos de 2006 investimentos nas parroquias de Vigo por valor de 20,3 millóns de euros.

luns, 9 xan 2006
1136812159parroqElena0106.jpg
Elena González mantivo unha reunión co concelleiro José Manuel Figueroa na que este a informou do conxunto de actuacións que o Goberno local quere incluír nos orzamentos municipais de 2006 para mellorar os espazos públicos das parroquias.

Estas obras, que suporían un investimento de 20,3 millóns de euros, consisten na mellora do asfaltado de estradas, as beirarrúas, o alumeado, o saneamento, o abastecemento, as zonas verdes, os paseos e os puntos de encontro como as prazas das igrexas, lavadoiros e fontes. Tamén se inclúe neste plan a colocación de 80 marquesiñas.

Despois da reunión, Elena González dixo que lle parece "moi ben" que o Goberno local "se decida a investir nas parroquias", algo que "levabamos moito tempo pedindo". A presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao anunciou un novo encontro "despois de mediados de mes" para presentarlle ao Concello as suxestións que cada colectivo veciñal queira facer.
Descargar todas as imaxes