Escoitar

O goteo de mortes por violencia de xénero provoca outra concentración na praza do Rei

Unha nova concentración silenciosa na praza do Rei recordou hoxe martes o goteo de mortes que a violencia de xénero produce en España, onde no que vai de ano sete mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas.

martes, 24 xan 2006
1138110771concentra240106.jpg
Varios concelleiros, funcionarios e cidadáns participaron cun minuto de silencio nesta protesta, dirixida en xeral contra a violencia de xénero e en particular contra o asasinato dunha muller onte luns na provincia de Madrid.

Os feitos ocorreron onte luns na localidade de Villanueva de la Cañada, onde un home de 39 anos de nacionalidade boliviana matou a súa muller, de 30, no chalé en que el traballaba como chófer. Tras asestarlle, por motivos que se descoñecen, varias puñaladas mortais á muller, o uxoricida aforcouse, segundo informaron fontes da Garda Civil.
Descargar todas as imaxes