Vigo presenta a súa oferta turística en Fitur 2006
A oferta turística de Vigo estará presente na XXV edición de Fitur en Madrid, que permanecerá aberta do 25 ao 29 de xaneiro. Vigo é o primer referente de turismo de cidades de Galicia, xa que conta coa maior infraestructura hoteleira e hostaleira da comunidade.
Esta feira está marcada polo forte crecemento do sector turístico na cidade de Vigo no último ano e pola aposta firme polos deportes náuticos como un dos atractivos da urbe. No 2006, Turismo de Vigo seguirá traballando nesta liña coa vista posta no Desafío Atlántico de Veleiros de 2009.
Turismo de Vigo cursou unha invitación a todos os representantes do sector da cidade para ofrecer o espazo institucional para levar a cabo contactos de carácter profesional. Por suposto, ofrecerase aos visitantes do stand de Turismo de Vigo un directorio de hoteis, hostais, restaurantes e servizos de interese; a guía do ocio, que se edita con carácter mensual, na que se recollen todas as actividades, exposicións, oferta cultural, eventos, feiras e outras citas que se celebran na cidade.
Vigo estará presente en Fitur 2006 cun espazo no pavillón de Turgalicia. Turismo de Vigo estará situado no Pavillón 1, Stand 1J no Recinto Feiral "Juan Carlos I" (Ifema).
Descargar todas as imaxes