Escoitar

A Casa do Cesteiro programa novos cursos de cestería

O 30 de xaneiro remata o prazo de inscrición do programa formativo en Cestería Tradicional de Galicia de A Casa do Cesteiro. Os cursos que se realizarán son de cestría de vimbio pelado, de colmo, de madeira fendida e de vimbio con pel.

martes, 24 xan 2006
Este centro, unidade específica do CAT, adscrito da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, leva oito anos traballando en prol da cestería tradicional e ofertando formación a todos os interesados en instruírse profesionalmente no oficio de cesteiro.

O prazo de preinscrición remata o 30 de xaneiro e a presentación dos listados de admitidos será o 1 de febreiro. Estes listados estarán expostos nas instalacións da Casa do Cesteiro, no Centro de Artesanía Tradicional e na web www.vigo.org/artesania

Os cursos do Grupo II e III, ao estar orientados ao emprego, son de matrícula gratuíta.

Para os cursos do Grupo I o prazo de formalización da matrícula realizarase do 1 ao 10 de febreiro, debendo presentarse o resgardo que acredite o pagamento da mesma, 50 € para todos os cursos, o día do inicio dos cursos.

Para máis información poden chamar ao teléfono 986 22 40 03 ou consultar na web www.vigo.org/artesania

Calendario

Cursos do grupo I

Destinatarios:todas aquelas persoas, relacionadas ou non coa cestería, que busquen unha aproximación ás técnicas e pezas da cestería tradicional galega. Prezo da matrícula: 50 €

Cestería de vimbio pelado:incio 13 febreiro ; 45 h ;luns de 17:00 a 20:00 h
Cestería de colmo: inicio 14 febreiro; 45 h; martes de 17:00 a 20:00 h
Cestería de madeira fendida: inicio 15 febreiro; 45 h; mércores de 17:00 a 20:00 h
Cestería de vimbio con pel: inicio 16 febreiro; 45 h; xoves de 17:00 a 20:00 h

Cursos do grupo II: principios básicos

Destinatario: preferentemente persoas mozas desempregadas, entre 18 e 45 anos, con interese en formarse nun oficio artesanal e desenvolverse profesionalmente nel.

Principios básicos da cestería: inicio 13 febreiro;150 h;L, Me, V de 9:30 a 14:00 h
Cestería de madeira fendida: inicio 13 febreiro; 150 h;L,Me, V de 16:00 a 20: 00 h
Cestería de vimbio con pel:inicio 14 febreiro;100 h; Ma,X de 9:30 a 14:00 h

Cursos do grupoIII.Especialidades

Destinatarios:preferentemente persoas novas desempregadas, entre 18 e 45 anos, con interese en formarse nun oficio artesanal e desenvolverse profesionalmente nel.

Cestería de madeira fendida:inicio 13 febreiro; 300 h *Laboraisde 16:00 a 20: 00 h
Cestería de vimbio pelado:inicio 14 febreiro; 100 h ; Ma, X de 9:30 a 14:00 h
Cestería de vimbio con pel:inicio 14 febreiro; 100 h ; Ma, X de 9:30 a 14:00 h
Cestería de colmo: inicio 14 febreiro; 100 h; Ma, X de 16:00 a 20: 00 h
* De luns a venres