Escoitar

FranquiAtlántico presentará no IFEVI os novos modelos de negocio

O Salón da Franquicia do Noroeste, FranquiAtlántico, abre as súas portas o próximo venres 27 no IFEVI para dar a coñecer as novas modalidades de negocio que se implantarán nas cidades de Galicia e do Norte de Portugal durante 2006. A feira desenvolverase ao mesmo tempo que o Salón do Emprendedor e numerosas actividades paralelas.

martes, 24 xan 2006
1138110445franki240106.jpg
Presentación da feira, hoxe martes no Concello
Despois de seis edicións, a Feira da Franquicia do Atlántico xa se consolidou como un referente esencial no sector. A franquicia, unha fórmula de negocio que xera emprego e atrae investidores, converteuse no modelo favorito de implantación de novos servizos e comercios. Neste sentido, a franquicia chega a cambiar a fisionomía das cidades e, en ocasións, os hábitos de compra de produtos e servizos.

Na súa sétima edición, FranquiAtlántico presenta as novidades que neste campo se producirán en 2006. Así, un paseo por FranquiAtlántico permtiralle ao visitante coñecer por anticipado os novos modelos de negocio que se implantarán nos próximos meses nas cidades de Galicia e do Norte de Portugal. Saúde e Beleza, Xoiería, Restauración, Mercado Inmobiliario, Complementos, Moda, Axencias de Viaxe, son algúns dos sectores que manifiestan más empuxe.

No pasado exercicio registrábanse en España un total de 812 insignias, que ao principio de 2006 son xa 902. Isto supón pasar de 58.321 establecementos a 63.751. Por valor de facturación alcanzáronse os 17.500 millóns de euros, o que significa un aumento do 10% con respecto ao ano anterior. O sector, que tiña en 2005 un total de 243.000 empregos directos e 84.000 indirectos, pasou en 2006 a 261.000 e 88.000. En termos porcentuais, un aumento do 7,4% e do 4,8% respectivamente.

FranquiAtlántico é un salón profesional de características únicas en España pola súa posición privilexiada nunha área xeográfica que comprende o Norte de Portugal e o Noroeste español, poboada por sete millóns de consumidores potenciais que viven nunha trintena de cidades en cuxo comercio está presente o modelo de franquicia. Ademais, FranquiAtlántico, das seis feiras que sobre este tema se celebran en España e Portugal, é a primera do ano, polo se conmverte na plataforma de inauguración da temporada.

Escaparate do comercio e dos servizos

Na feira de 2005 rexistráronse 14.000 visitantes, unha cifra moi elevada se temos en conta que se trata dun tipo de evento ao que asiste un público na súa maioría motivado: emprendedores, investidores, profesionais. No entanto, FranquiAtlántico tamén é un salón atractivo para o público en xeral, que se despraza desde cidades de Galicia, Portugal, Asturias e Castela e León, interesado por coñecer en primicia aquelas insignias que nos próximos meses estarán presentes nas súas localidades. Arredor do 50% dos expositores veñen a FranquiAtlántico por primeira vez, o que contribuirá a ofrecerlles aos visitantes as últimas tendencias do sector.

Salón do emprendedor

Dentro do espazo feiral de FranquiAtlántico desenvolverase o Salón do Emprendedor do Atlántico, onde os emprendedores poderán encontrar asesoramento para iniciárense no mundo empresarial. Unha área en que conflúen os esforzos para resolver dúbidas, ofrecer información e canalizar ideas. Xunta de Galicia, Cámara de Comercio, IGAPE, ICO, Concello de Vigo ou a Asociación de Jóvenes Empresarios son algunhas das institucións e entidades que colaboran nesta iniciativa.

Actividades paralelas

Por outra parte, FranquiAtlántico acollerá o Foro da Franquicia e o Emprendedor, no cal se levarán a cabo diversas ponencias sobre o sector. Outra iniciativas que se desenvolverán no marco da feira son a Aula da Franquicia, na que as firmas presentarán os seus productos e servizos; o Premio FranquiAtlántico, galardón co que se recoñecerá o labor das empresas participantes; e o Premio á Iniciativa Empresarial, en dúas categorías: Novas Empresas e Muller Emprendedora.
Descargar todas as imaxes