Escoitar

Curso de primeiros auxilios domésticos para mulleres

A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para o curso, de carácter gratuito, "Primeiros auxilios domésticos" que se celebrará no Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo do 23 de febreiro ao 8 de xuño.

mércores, 15 feb 2006
Este curso está orientado a ofrecer unha visión xeral dos accidentes domésticos, feridas, queimaduras, intoxicacións, desvanecementos, convulsións, atragantamento, hemorraxias, mordeduras, picaduras e outras emerxencias.

O curso está destinado a mulleres maiores de 18 anos, terá unha duración de 30 horas; iniciase o 23 de febreiro e remata o 8 de xuño. Celebrarase os xoves de 19 a 21 horas na vocalía da Muller do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo. Estrada de Camposancos, 226.

A inscrición poderase facer na oficina da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986810284, en horario de 8:00 a 15:00 h., ou a través do correo electrónico ofi.muller@vigo.org, ou Fax 986 430 082 (en calquera horario).

Prazo de inscrición será dende o día 17 ao 23 de febreiro, ambos inclusive, ata completar o número de prazas disponibles.