venres, 17 febreiro 2006

A Concellaría de Festas presenta o programa do Entroido 2006

Con máis días, máis actividades e máis orzamento. Así vén o Entroido 2006, segundo afirmou hoxe venres o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves. A celebración, precedida polo concurso de coplas do xoves 23 de febreiro, prolongarase ata o 1 de marzo, día do tradicional enterro do Meco.

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche de tráfico da rúa Ferreiros

venres, 17 feb 2006

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de derruba dun edificio, estará pechada ao tráfico a rúa Ferreiros, entre Cádiz e Casiano Martínez, con acceso exclusivo para garaxes, dende o venres 17/02/2006 até a finalización dos traballos.

Xunta de Goberno Local

venres, 17 feb 2006

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 20 de febreiro de 2006, ás 8:00 en 1ª convocatoria e ás 9:00 en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.<br /> <br />