A Concellaría de Festas presenta o programa do Entroido 2006
Con máis días, máis actividades e máis orzamento. Así vén o Entroido 2006, segundo afirmou hoxe venres o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves. A celebración, precedida polo concurso de coplas do xoves 23 de febreiro, prolongarase ata o 1 de marzo, día do tradicional enterro do Meco.
López-Chaves explicou que o orzamento do Entroido 2006 é duns 92.000 euros. Para desenvolver o programa festivo, o Concello conta coa colaboración da Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao", a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".
Vinte e tres comparsas tomarán parte nos desfiles do sábado 25 de febreiro e do mércores 1 de marzo, para os cales se establecen os seguintes premios: 1º premio, 2.400 euros; 2º premio, 1.800 euros; 3º premio, 1.200 euros; premio especial á comparsa máis festeira, 600 euros; vinte accésits de 600 euros; e premio á comparsa mellor caracterizada do desfile do enterro do Meco, 750 euros.
Como actividade previa, o xoves 23 terá lugar na praza da Constitución, a partir das 19:00, o primeiro día concurso de coplas, no que actuarán cinco dos nove grupos participantes. Este evento volveuse celebrar no Entroido de 2005 despois de máis de vinte anos de ausencia.
O inicio oficial do programa do Entroido 2006 será o venres 24 ás 19:00, cando o xornalista Fernando Franco lea o pregón das festas. Despois actuarán os restantes grupos do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano simbolizará o PXOM.
O sábado 25, día do desfile de comparsas, a Porta do Sol será escenario, de 22:30 a 02:30, dunha verbena amenizada polas orquestras "Abanico" e "Nueva Generación". Os palcos situaranse no Sireno e preto do Centro Cultural Caixanova.
Para os máis pequenos, haberá inchables, obradoiros e actuacións na praza do Rei, na lonxa do Concello e no Auditorio Municipal, de 16:00 a 20:00 horas, o domingo 26, o luns 27 e o martes 28. O luns, ademais, os grupos "Zurrumalla" e "Gaideón" actuarán a partir das 19:30 na praza da Constitución, dentro do Festival Folk do Entroido.
A música volverá soar o martes 28 nunha verbena amenizada polas orquestras "Sintonía" e "Master", e que comezará ás 22:30 na Porta do Sol. O martes tamén será o día do xuízo, sentenza e queima do Meco. Esta tradición do Entroido vigués terá lugar na praza do Rei, por motivos de seguridade.
O Entroido 2006 chegará á súa fin co enterro do Meco, o 1 de marzo. Ese día, o cadaleito do Meco será velado na praza da Princesa a partir das 18:30. De aí partirá ata o inicio do desfile de comparsas do seu enterro, que sairá de García Barbón ás 19:30, percorrerá Policarpo Sanz ata chegar á Porta do Sol. Posteriormente, na praza da Constitución terá lugar, a partir das 21:00 o responso, sepelio e lectura do testamento do Meco. Ás 21:35, o Entroido finalizará nese mesmo lugar coa lectura da acta do xurado.
Para completar este programa, o Verbum acollerá, do 15 ao 28 de febreiro, unha exposición dos carteis participantes no corcurso organizado pola Concellaría de Festas para seleccionar o cartel anunciador do Entroido. En total, presentáronse a este concurso 123 carteis, tres veces máis que en 2005.
Descargar todas as imaxes