Escoitar

O Concello apoia a asociación de cooperación internacional Implicados no Desenvolvemento

A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, visitou hoxe xoves o Centro Crisol, na rúa Camelias, para asistir á presentación do material de formación dos clubes de cooperación de Implicados/as no Desenvolvemento (IND), asociación galega dedicada á cooperación internacional.

xoves, 16 feb 2006
1140097498comercio1.jpg
Segundo expuxo a coordinadora dos clubes, Blanca Rodríguez, o material de formación consiste nun libro que consta de tres partes ou módulos. No primeiro destes módulos faise unha introdución ao ámbito da cooperación internacional, desde os seus inicios a mediados do século XX ata a actualidade. Ademais, nesta parte o libro explica en que consiste o comercio xusto e trata das axudas oficiais para a cooperación en Galicia, España e o mundo.

No segundo módulo detállanse os proxectos e países en que traballa IND, co ánimo de "tirar abaixo moitos tópicos". Por último, a terceira parte do libro fala das dinámicas de grupo para potenciar o traballo conxunto a nivel internacional, o que vén sendo, segundo Blanca Rodríguez, a aplicación do que se explica nos dous primeiros módulos.

Marta Iglesias, que se mostrou moi interesada polos produtos de comercio xusto expostos para a venda no Centro Crisol, agradeceu a invitación de IND á presentación do seu material formativo e afirmou que "así coñecemos de primeira man en qué investimos o diñeiro de todos os vigueses", en referencia á axuda de 630 euros que IND recibiu da Concellaría de Participación Cidadá para o desenvolvemento dos seus clubes de cooperación.

A concelleira lembrou que a Concellaría de Benestar Social ten unha partida de 72.000 euros destinada á cooperación internacional, dos que 60.000 son para o Fondo Galego de Cooperación, entidade coa que, ademais, o Concello está tratando a posible introdución de produtos de comercio xusto na Casa Consistorial, dentro do programa "O bo café".
1140097498comercio1.jpg
1140097548comercio2.jpg
1140097624comercio3.jpg
Descargar todas as imaxes