Escoitar

O asfaltado de camiños no marco do convenio coa Deputación iníciase en Zamáns

Durante un periodo de 12 a 15 días, a parroquia de Zamáns centrará os traballos de asfaltado de camiños e rúas que se desenvolverán dentro dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra. O Concello pide desculpas polas posibles molestias que estas obras poidan causar.

xoves, 16 feb 2006
Segundo informou a concelleira de distrito Marisol Polo, as obras iniciaranse no camiño Toural e continuarán noutros dous camiños da zona. Zamáns é a parroquia onde comezará o asfaltado de camiños este ano, no marco do convenio entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Despois de en Zamáns actuarase en Matamá, e logo en Alcabre. O convenio contempla actuacións en todas as parroquias de Vigo. En 2005 asfaltáronse máis de cen rúas e camiños en cumprimento do convenio que precedeu ao actual.