Escoitar

A Xerencia de Urbanismo propón expropiacións no polígono de Baruxáns, en Bembrive

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves á Xunta de Goberno Local a aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación do polígono 1 do Plan Parcial 03.23 Baruxáns (Bembrive).

xoves, 16 feb 2006
1140097697xeren160206.jpg
Ademais, o Consello da Xerencia aprobou varios expedientes de restauración da legalidade urbanística. Así, foron declaradas como realizadas sen licenza e ilegalizables as obras iniciadas nos seguintes puntos do municipio: avenida de Ángel de Lema y Marina nº 125, rúa Robaleira nº 37 (Alcabre), avenida de Camelias nº 76, camiño Regueira nº 45 (Comesaña) e 1ª travesía de Espiñeiro nº 52.

En cambio, foron declaradas legalizables as obras sen licenza realizadas no camiño Carballeira nº 11 (Sampaio).

Por outra parte, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo anulou a axuda de 5.956 pesetas concedida de modo provisional para a rehabilitación do inmoble localizado na rúa Elduayen nº 22-2º B.
Descargar todas as imaxes