Escoitar

Vigo Náutica Internacional abrirá as súas portas do 2 ao 5 de marzo

O Salón do Mar e a Náutica de 2006 abrirá as súas portas o próximo 2 de marzo. Durante catro días, Vigo Náutica Internacional exporá os productos e marcas relacionadas coa náutica recreativa, confirmando a presencia dos principais fabricantes e marcas do mundo.

xoves, 16 feb 2006
1140098716vigonautica.jpeg
O evento presentouse esta mañá na Sala de Conferencias de Caixa Galicia en Vigo, entidade patrocinadora ,conxuntamente con institucións como a Xunta de Galicia, Porto e Concello Vigo. A concelleira, Lucía Molares, encargouse de presidir a presentación, acompañada de Abel Caballero, presidente da Autoridade Portuaria; Marta Souto, delegada provincial da consellería de Cultura e Deporte; José Manuel Fernández, director territorial de Caixa Galicia; Carlos Soto, conselleiro de Marina de Exposicións; e Ana Montenegro, da empresa organizadora.

As empresas que asisten a Vigo Náutica Internacional, así como as institucións públicas e Federacións Deportivas, consideraron o Salón da Mar e a Náutica de Vigo, como unha plataforma excelente, onde non só exhibir os seus productos e deseños, senón como un lugar de encontro para a promoción da súas marcas e actividades, avaliando a oportunidade de dirixirse a todo un concepto de público en xeneral.

A mecánica, os estaleiros e varadoiros, electricidade naval e electrónica de comunicacións, motores, veleiras, seguridade marítima, roupa e complementos, decoración, escolas de náutica e mergullo, revolucionaron o sector náutico galego con máis de 400 empresas directas, que elevan o Producto Interior Bruto de Galicia.

Marina de Exposicións, como empresa organizadora da cita internacional, recibiu o apoio de todo o sector náutico e das entidades públicas que regulan, administran e participan da náutica en Galicia.

A organización está traballando na preparación das actividades paralelas que se van a desenvolver, tanto no recinto feiral de Cotogrande, como no Porto de Vigo, e que estarán promovidas polas institucións e empresas que participan no salón. Con algunhas delas pendentes de pechar, a día de hoxe pódense confirmar as seguintes: bautismos de Mergullo na piscina principal de Vigo NAU; exposición Fotográfica do Arquivo Pacheco, baio o título de "Pano de lona"; ciclo de vídeo submarino de autores galegos; bautismos de mar pola Ría de Vigo, catamarán sobre piscina que provoca a sensación de navegar a gran velocidade.
Descargar todas as imaxes