Concentración ás portas do Concello en protesta pola morte dunha xoven en Bilbao
A morte dunha xoven a mans do seu ex compañeiro en Bilbao provocou unha manifestación de repulsa hoxe ás doce da mañá nas portas do concello.
Varias decenas de personas concentráronse hoxe ás doce na praza do Rei, xunto á entrada do Concello, como sinal de protesta pola morte da xoven Aua B.A., unha muller de 27 anos natural de Guinea-Bissau que foi apuñalada polo seu ex compañeiro nun piso do barrio bilbaíno de Otxarkoaga.
A concentración estivo encabezada polos concelleiros do Goberno Antonio Coello, Ignacio López-Cháves e Marisol Polo, xunto cos representantes do BNG Xabier Toba e Santiago Domínguez. A concelleira de Distrito, Marisol Polo, foi a encargada de dirixir unhas palabras de rexeito ao acto de violencia tralo minuto de silencio.
A concentración responde a unha resolución do pleno pola que se acordou responder a tódolos actos de violencia de xénero cunha concentración de rexeite e un minuto de silencio pola víctima.
Descargar todas as imaxes