Escoitar

O Concello destinará un total de 58.435 euros para a reparación das deficiencias no pavimento de A Pedra

Ademáis, levarase a cabo a reconstrucción e consolidación da escollera de protección de temporais sita na illa de Toralla, racionalizando e mellorando o perfil desta obra de protección, permitindo, así, devolver ao mar preto de 5.000 metros cadrados ocupados actualmente por un recheo.

luns, 27 set 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou o luns o proxecto de reparación de humidades e outros no mercado de A Pedra. Un proxecto que baixo un presuposto de máis de 58.000 euros, contempra as obras necesarias para a reparación das deficiencias no pavimento pétreo da praza, deteriorado ao soportar indebidamente o tráfico de camións de reparto, afectando, así, á impermeabilización dos locais comerciais do mercado.

O proxecto, que foi redactado atendendo ás normativas técnicas urbanísticas e medioambientais, inclúe un estudio básico de seguridade e saúde.

O plazo de execución previsto para os traballos será de 45 días, nos que se levantará o pavimento actual para proceder ao saneado da sub-base do mesmo, reposición da lámina impermeabilizante e reconstrucción da rexilla sumideiro. Asimesmo, o proxecto recomenda realizar a limpeza e vaciado do terreo baixo o peldañeado da praza coa rúa Pescadería, así como a colocación dunha lámina de PVC contra o muro existente e disposición dunha tubería de drenaxe recuberta de grava e posterior recheo.

Toralla
Outro dos acordos tomados pola Corporación Municipal, reunida na súa sesión ordinaria, foi o do proxecto de reconstrucción e consolidación da escollera de protección de temporais sito na illa de Toralla, redactado polo enseñeiro de caminos Eloy Fernández-Valdés en agosto de 2.003 e promovido pola Universidade de Vigo, baixo a autorización da Dirección xeral de Costas.

Trátase dun proxecto vinculado, en parte, coa construcción do edificio da Estación de Ciencias Mariñas no litoral noroeste da illa e polo que se levará a cabo a reconstrucción da escollera existente, racionalizando e mellorando o perfil desa obra de protección, permitindo, así, devolver ao mar preto de 5.000 metros cadrados ocupados actualmente por un recheo.