Escoitar

Pleno da Corporación

O Pleno da Corporación reunirase en sesión ordinaria o luns día 27 de setembro, ás 09.00 horas, no salón de Plenos do Concello.

venres, 24 set 2004
ORDE DO DÍA:

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
1.- Moción do Grupo municipal Socialista sobre modificación puntual do PXOU no ámbito do Sanatorio de Fátima. Modificación do acordo provisional.

2.- Aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral sobre reemprazamento da subestación eléctrica do Castro. Exp. 8661/411.

3.- Aprobación definitiva do PERI da UA 03 Chantada. Expte. 8425/411.


XESTIÓN MUNICIPAL
4.- Nomeamento de membros do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo. Expte. 1184/110.

5.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de ensinanzas especiais e outras actividades en establecementos municipais.

6.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas municipais pertencentes ó Instituto Municipal dos Deportes.

7.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal xeral.

8.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles.

9.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

10.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas.

11.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou de que entenda a Administración do Concello ou a dos seus organismos autónomos a instancia de parte.

12.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de aboamento).

13.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos especiais por espectáculos e transportes.

14.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruinas de construccións, salvamentos e outros análogos.

15.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servizos de cemiterios municipais.

16.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

17.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de inspección sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.

18.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servizos de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo.

19.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

20.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de quioscos.

21.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.

22.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licenzas para construccións, obras e instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo, así como pola Administración do Concello.

23.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas licenzas de actividades e instalacións.

24.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos que presta o organismo autónomo municipal Parque das Ciencias "Vigo-Zoo" a través do seu Parque Zoolóxico.

25.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

MOCIÓNS
26.- Moción do grupo municipal de DPG sobre a construcción dunha nova ponte na Ría de Vigo e nova autovía con Pontevedra.

27.- Moción do grupo municipal de DPG sobre posta en funcionamento dun centro de saúde en Bouzas.

28.- Moción do grupo municipal de DPG instando a remisión polo Ministerio de Fomento do proxecto do segundo cinto de circunvalación.

29.- Moción do grupo municipal de DPG sobre o incremento da taxa do lixo.

30.- Moción do grupo municipal do BNG instando a que se fagan as xestións precisas para custear a participación europea do club de baloncesto AMFIV.

31.- Moción do grupo municipal do BNG instando a axilización das obras do colexio Doutor Fleming.

32.- Moción do grupo municipal do BNG instando a non convocar o concurso para a xestión da explotación de expendedores de tiques para a regulación do aparcamento na vía pública (ORA).

33.- Moción do grupo municipal do BNG sobre realizar xestións coa Zona Franca para que as instalacións deportivas da ETEA pasen a depender do Concello.

34.- Moción do grupo municipal do BNG instando o cumprimento íntegro do contido da ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal.

35.- Moción do grupo municipal do BNG para que se realicen as xestións necesarias para asegurar a axilización do proxecto PLISAN.

36.- Moción do grupo municipal do BNG instando a solicitude á Consellería de Sanidade dunha botica anexa na parroquia de San Andrés de Comesaña.

37.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre traslado da Alcaldía ó edificio Cambón e cumprimento de acordo de data 23.02.04 sobre creación de comisión.

38.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre situación do Pazo Museo Quiñones de León.

39.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre instar a Portos de Galicia a realización dun estudo de impacto ambiental do novo porto deportivo de Canido.

40.- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre instar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a posta en marcha da Escola de Arte Dramática en Vigo.

41.- Rogos e preguntas.