Escoitar

Inicio dos traballos de fresado e asfaltado nas rúas Cachamuíña e Blein Budiño

A concellería de Vías e Obras comezará o martes os traballos de fresado e asfaltado das rúas Cachamuíña e Blein Budiño a partir das 08.00 horas, segundo o convenio asinado entre o Concello e a Deputación.

venres, 24 set 2004
A partir das oito da mañán do vindeiro martes 28 de setembro, darán comezo os traballos de fresado e asfaltado nas rúas Cachamuíña e Blein Budiño.

Así, establecerase sentido único de circulación na rúa Cachamuíña en dirección Falperra-Ronda de Don Bosco. Pola súa parte, a rúa Blein Budiño permanecerá pechada ao tráfico e só se permitirá a circulación do Bus Urbano.

Os vehículos que por Cachamuíña circulen hacia Venezuela e Camelias deberán seguir por Ronda de Don Bosco e Taboada Leal. A zona de obras afectada sinalizarase convenientemente e disporase dos axentes necesarios da Policía Local co fin de canalizar e axilizar a circulación rodada nos puntos de maior conflictividade. Dende o Concello prégase a maior colaboración cidadana co obxecto de levar a cabo os traballos de forma máis doada.