A alcaldesa comprométese na creación dun centro de calor e café para Vigo na súa visita ao Comedor da Esperanza
Baixo a convicción de que "é importante que se coñeza a outra cara de Vigo", a alcaldesa, Corina Porro, visitou o martes o Comedor da Esperanza, onde serviu o almorzo a unha treintena de homes e mulleres e manifestou o compromiso do Goberno Municipal de crear un centro de calor e café.