Escoitar

Reunión entre a alcaldesa e os representantes do Colexio de Arquitectos

martes, 21 set 2004
1095770441arquitec.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, reunieronse hoxe coa xunta directiva da delegación do Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo. No encontro abordouse o estado da unidade de execución do solar de "El Pueblo Gallego", que albergará a sede do colexio de arquitectos. Os representantes do Concello informaron á xunta directiva da COAG que a xerencia de Urbanismo traballa nestes momentos na tramitación do proxecto de compensación. O colexio de arquitectos, que vai convocar un concurso para realizar o proxecto do edificio e a urbanización da praza, quere solicitar a licencia a principios de febreiro do vindeiro ano. O Concello traballa tamén no estudio de viabilidade do aparcadoiro soterrado que terá a zona.
Descargar todas as imaxes