xoves, 23 setembro 2004

A Xerencia de Urbanismo aproba a proposta de acordo sobre o reemprazamento da subestación eléctrica do Castro

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, na súa sesión ordinaria, modificar puntualmente o vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) con motivo do traslado e reubicación da subestación eléctrica do Castro. A nova localización que se propón para a subestación refírese ao subsolo da plataforma do vial interior do Monte do Castro, entre os tramos de escaleiras de subida dende a rúa Camelias.

A concellería da Muller abre o prazo de inscrición do programa de activididades de formación e animación sociocultural "Eu tamén sei"

xoves, 23 set 2004

O luns 27 de setembro abre o prazo para a incrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural "Eu tamén sei", que remata o domingo 10 de outubro e poderá realizarse nas diferentes asociacións e vogalías da muller de Vigo. Dito prazo corresponde ó primeiro cuatrimestre e engloba os cursos a impartir entre o 18 de outubro e o 19 de febreiro.