Escoitar

I Maratón "Cidade de Oporto"

Co obxectivo de ofrecer unha grande proba de atletismo, Portugal acollerá o vindeiro 17 de outubro o primeiro maratón "Cidade de Oporto". Unha proba, presentada en rolda de prensa pola concelleira Soledad Polo, e na que participarán máis de 2.000 atletas dos máis variados países, con especial presencia de galegos nas súas filas.

mércores, 22 set 2004
1095856110portus.jpg
A Câmara Municipal do Porto, en colaboración co Clube de Veteranos da cidade lusa, veñen de presentar o que será o primeiro maratón "Cidade de Oporto".

Vigo foi a cidade elixida para dar a coñecer esta competición na que participarán máis de 2.000 atletas procedentes de diversos países, entre os que destaca a variada presencia dos galegos. Segundo os organizadores do evento, a cita servirá para seguir estrechando lazos coa cidade olívica, ademáis de buscar a súa consolidación no calendario deportivo do Eixo Atlántico.

A proba, na que se percorrerán un total de 42 kilómetros, terá lugar o vindeiro 17 de outubro con saída e meta no parque da cidade, sito na Avenida Boavista.

Para máis información pódese consultar a páxina www.runporto.com
Descargar todas as imaxes