A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de humanización do entorno da praza de Compostela
O proxecto inclúe carrís de circulación para tráfico lento e a ampliación e renovación das beirarrúas e do pavimento, no que se substituirá o asfalto por granito.
O proxecto de humanización do entorno da praza de Compostela, presentado o mércores aos diferentes grupos políticos, foi aprobado definitivamente pola Xunta de Goberno Local cunha modificación: a substitución do asfalto por granito na renovación do pavimento. Este acordo foi adoptado por unanimidade por todos os grupos políticos.
Segundo o voceiro do Goberno Local, José Manuel Figueroa, a variación no proxecto inicial é froito dun intento municipal por mellorar a calidade do entorno da praza de Compostela.
Coas obras de humanización, levarase a cabo a supresión de aparcadoiros na superficie, a creación de carrís de circulación de tráfico lento e a ampliación e renovación das beirarrúas, que se diferenciarán das rodaduras.O Concello prevé que as obras den comezo a finais de ano baixo un presuposto que oscilará entre os 6,5 e 7 millóns de euros.
Asimesmo, contémprase a posibilidade de negociar diversas modificacións cos actuais aparcadoiros para beneficio dos residentes. O término da concesión do parking da Porta do Sol sería outra das alternativas baralladas dende o Goberno Local co fin de subsanar o problema da supresión de aparcadoiros.
Con todo, as principais rúas afectadas serían as comprendidas dende Policarpo Sanz ata o Náutico: Luis Taboada, Castelar, Pablo Morillo, Concepción Arenal, García Olloqui, Carral, Velázquez Moreno, Reconquista, Marqués de Valladares ou Darío Álvarez, entre outras.
Descargar todas as imaxes