Escoitar

Corina Porro aboga por un enfoque a longo prazo na Política Pesquera Común que combine as dimensións científica, medioambiental e socioeconómica

A alcaldesa de Vigo asistiu hoxe ás nove da mañán á inauguración da Conferencia Científica anual do Consello Internacional para a exploración do mar que se celebra en Vigo. O Centro Cultural Caixanova foi o escenario onde Corina Porro destacou a importancia dunha Política Pesquera Común a longo prazo e remitiu ao "principio de prudencia económica" para non desestabiliza-lo tecido socioeconómico das cidades pesqueiras.

mércores, 22 set 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, pronunciou hoxe á mañán un discurso na inauguración da Conferencia Científica anual ICES 2004, que reunirá na cidade a máis de 800 investigadores procedentes de 32 países. Coa presencia do secretario xeral e o presidente do Consello Internacional para a exploración do mar, o Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e mailo Secretario de Estado de Universidades e Investigación, a alcaldesa destacou a preocupación dos vigueses pola conservación do ecosistema marino e as súas especies.

Corina Porro recordou ao Consello Internacional para a exploración do mar o "principio de prudencia económica" nas súas resolucións, para non pór en perigo a viabilidade das empresas nin se impongan restriccións imposibles de asumir socialmente. Neste senso, a alcaldesa mencionou o exemplo das restriccións impostas pola UE á captura de merluza, realizada nun 50% por flota viguesa, que resultaron inaceptables.

Partindo dun equilibrio difícil de acadar, "a ninguén lle interesa a sobreexplotación, pan para hoxe e fame para mañá", dixo a alcaldesa, a enorme influencia da Política Pesquera Común sobre a economía viguesa debe observar criterios sociais a medio prazo.

Así, incidiu na necesidade de combina-la dimensión científica, a medioambiental e a socioeconómica nun enfoque a longo prazo e onde tódolos sectores involucrados teñan a posibilidade de participar.

O Consello Internacional para a Exploración do Mar foi fundado en 1902. É o organismo intergubernamental que investiga os recursos marinos e pesqueiros máis antigo do mundo. Agrupa a 19 países membros e 6 países observadores. España incorporouse a esta organización en 1924.

Máis información