A alcaldesa comprométese na creación dun centro de calor e café para Vigo na súa visita ao Comedor da Esperanza
Baixo a convicción de que "é importante que se coñeza a outra cara de Vigo", a alcaldesa, Corina Porro, visitou o martes o Comedor da Esperanza, onde serviu o almorzo a unha treintena de homes e mulleres e manifestou o compromiso do Goberno Municipal de crear un centro de calor e café.
Como resposta a un compromiso de conseguir unha sociedade máis xusta e en igualdade de condicións, a alcaldesa, Corina Porro, visitou o martes a Casa da Caridade, sita na rúa viguesa de San Francisco, onde día tras día acuden preto de cen persoas ao Comedor da Esperanza.
Así, a alcaldesa de Vigo, mantense na premisa de que "é importante que se coñeza a outra realidade, a outra cara de Vigo". E baixo esta convicción apuntou o compromiso do actual Goberno de crear un centro de calor e café, aínda pendente de convenio cunha ONG e que se incluirá nos presupostos. Un centro municipal que dará acollida a todas aquelas persoas reacias aos albergues e que busquen un teito baixo o que guarecerse.
A rexidora aproveitou a ocasión para falar da importante labor social levada a cabo pola que moitos xa consideran toda unha nai, Sor Milagros de la Fuente. Unha muller adicada en vida e alma aos demáis, que dirixe con gran acerto o Comedor da Esperanza, onde creou o servizo de roupeiro e o de duchas. Razón máis que suficiente para recibir, o ano pasado, o título de "Viguesa Distinguida".
Aínda que o comedor leva funcionando preto de 25 anos en Vigo baixo unha comunidade de 13 irmás, Sor Milagros incorporouse fai dez. Gracias a súa labor, milleiros de persoas poden levarse algo á boca. Pero a Casa da Caridade acolle, ademáis, o fogar dos nenos, onde os máis cativos síntense arroupados polo calor dunha fraternidade sinceira.