Escoitar

"Northfork", unha historia baseada en feitos reais

A proxección do film do director e guionista Michael Polish, que acadou o Premio Cidade de Atenas ao Mellor Director 2003, terá lugar no Auditorio do Concello o vindeiro luns 20 de setembro ás 20.30 horas.

luns, 20 set 2004
1093606027northfork.jpg
Sinopse
Baseada en feitos reais, o film narra a historia da vila e dos habitantes de Northfork, no estado de Montana, que en 1955 se viu afectada pola construcción dunha gran presa.

Michael Polish
Realizador, actor, compositor, productor e guionista nado no Centro, California, en 1970. Xunto co seu irmán, os xemelgos idénticos Mark e Michael Polish (que se reparten o seu traballo ao estilo dos irmáns Cohen), xa levan tres films –éste é o primeiro que se estrea no noso país- diseccionando a alma dos Estados Unidos a partir dunha ollada excéntrica e que a crítica soe emparentar con David Lynch. Éste é o terceiro título dunha triloxía estadounidense –realizada dende unha independencia absoluta- que se completa co inquedante triángulo cos xemelgos unidos de "Twin falls Idaho" (1999) e "Jackpot" (2001).

O film amosa unha intensa ollada poética –unha casa barco varada no deserto, unha igrexa sen paredes- e un sentido do humor sutil e sofisticado.

Nos seus derradeiros traballos como actor destacamos "O bo ladrón" (2002) e "A ponte do Rei San Luis" (2004). Como director atópase preparando a súa seguinte longametraxe, "Pequenas victorias".
Descargar todas as imaxes