Escoitar

A Xunta de Goberno Local aproba o Plan Especial de Protección do Monte de A Guía

O Plan tratará a conservación arquitectónica e forestal dun dos principais parques urbanos da cidade, ademáis de estudiar a necesidade de saneamento do litoral e recuperación da zona costeira, mediante o trazado de paseos e configuración de áreas verdes e de ocio nos terreos que se atopen dentro das súas competencias de planeamento.

luns, 20 set 2004
1095683387aguia1.jpg
A Guía
A Xunta de Goberno Local, reunida o luns en sesión ordinaria, deu o pistoletazo de saída ao debatido Plan Especial de Protección do Monte de A Guía. Segundo o voceiro do Goberno, José Manuel Figueroa, a aprobación inicial deste Plan, unida á conclusión dos proxectos no Casco Vello e a posta en marcha do Plan Xeral, son motivos máis que suficientes para que o Goberno Municipal estea "plenamente satisfeito por un traballo ben feito e que redundará no beneficio da cidadanía".

Así, o Plan Especial de Protección do Monte de A Guía, asómase coma un proxecto ambicioso de conservación e saneamento do litoral. Un Plan que pretende entender A Guía como un parque visual de referencia, xogando co cromatismo a través do tratamento das masas forestais. Para elo, eliminarase todo aquelo que non sexa autóctono e levarase a cabo unha repoblación progresiva non perxudicial para a fauna.

A ordenación das zonas verdes e a ampliación do parque, o tratamento do litoral e o remate dos bordes dos núcleos perimetrais, son algunhas das actuacións a levar a cabo co obxecto de integrar a zona de A Guía co resto da cidade.

Outras das medidas contempradas no Plan Especial son as seguintes:
- Adecuación do entorno da ermita para uso dotacional e rehabilitación do antigo edificio hosteleiro.
- Cración dun terceiro acceso, xunto as rúas Doutor Corbal e Doña Fermina.
- Potenciación dos aparcadoiros disuasorios na zona de A Lagoa, do antigo forte e A Carballeira.
- Protección integral da Carballeira a través dun tratamento fitosanitario, rehabilitación do palco e instalacións anexas.
- Estructuración da zona do novo vial entre a urbanización "Mirasol" e o entorno da Carballeira.
- Traslado da edificabilidade consolidada na banda de servidume de costas xunto á ETEA e praia de A Punta, creando un miradoiro e zona verde.
- Creación dunha zona residencial de remate, fora da zona de servidume, na zona oeste, xunto á praia de A Punta, con reparcelación e traslado da edificabilidade consolidad na zona de servidume.
- Creación de percorridos peatonais, plataformas de estancia no entorno do lavadoiro, sendas botánicas e equipamentos nas inmediacións do paseo de A Punta.
- Remate do entorno do paseo de A Punta cara o Faro, con creación de percorridos, proxecto e tratamento de firmes e dotación de equipamentos de bancos, papeleiras, fontes e iluminacións.
- Traslado da instalación do campo de fútbol e recuperación do perfil.
- Adecuación das pequenas calas debaixo do Faro, con limpeza de areais e mellora dos accesos.
- Adecuación, sinalización e adecentamento do acceso no borde mariño rochoso entre A Lagoa e o Faro.
- Prosposta de colaboración coa Autoridade Portuaria para a erradicación do desguace de A Lagoa, traslado das industrias e almacéns ou a potenciación dos usos de lecer e relación co mar.
- Mantemento e recuperación da praia de A Manquiña.
- Creación dun vial alternativo que dé servizo aos novos equipamentos de lecer de A Lagoa polo límite coa factoría Vulcano.

Medidas que se verán complementadas coa análise da masa vexetal e a necesidade dunha normativa de actuación ambiental na zona.

Todo un plan de mellora, conservación, e rexeneración do parque, que inclúe a suxerencia de crear un paseo máis blando e amable que o de A Punta polo borde litoral.
1095683387aguia1.jpg
1095683426aguia2.jpg
1095683441aguia3.jpg
Descargar todas as imaxes