Escoitar

A Xunta de Goberno aproba o convenio con Aqualia para a execución de obras de abastecemento e saneamento por un importe superior aos 5 millóns de euros

Inclúe, entre outros, o 20 por cento de cofinanciación con Fondos Europeos de Cohesión do proxecto de ampliación da infraestructura de saneamento de Zamáns e a automatización do colector de marxe de ría.

luns, 20 set 2004
1095685516xunta20sep.jpg
A Xunta de Goberno Local presentou as partes do convenio que o Concello asinará coa empresa Aqualia para a execución de obras de abastecemento en saneamento na cidade por un importe superior aos 5 millóns de euros. A administración municipal pretende concluir, no menor prazo posible, as obras correspondentes á implantación do servizo de saneamento en todo o termo municipal, así como a mellora das redes de subministración de auga potable, co obxecto de que a totalidade da poboación se beneficie da prestación dun sevizo que ten carácter básico.

O voceiro do grupo popular, José Manuel Figueroa, opinou que o convenio é unha gran noticia para a cidade, xa que permitirá solucionar os distintos proxectos de saneamento pendentes, como o da depuradora de Teis. Figueroa destacou a posta en marcha destas obras que non contan coa aportación municipal, incidindo en que a falta de presupostos municipais non é óbice para realizar eficaces obras de xestión e impedir que a cidade se paralice.

En virtude de dito acordo, a entidade concesionaria Aqualia, comprométese a executar, nun prazo máximo de 18 meses, unha serie de proxectos cun investimento total de 5.293.540,58 euros. Estos proxectos son os seguintes:

- Confinación municipal para a execución dos proxectos "Ampliación, infraestructura e saneamento en Zamáns" e "Automatización do colector da marxe da ría", cuns investimentos de 796.111 e 239.712 euros respectivamente, financiados nun 20% polos Fondos de Cohesión.

- Liquidación do proxecto "Segundo plan de saneamento no rural de Vigo", cun investimento de 700.882 euros a cargo dos Fondos de Cohesión.

- Proxecto complementario de saneamento da parroquia de Cabral (1.050.176 euros).

- Bombeo no monte Cepudo (79.884 euros).

- Acometidas de saneamento en Valladares.

- Ampliación de saneamento en Bembrive (1.175.069 euros).

- Cruces de canalización do rego en Gran Vía e Samil (23.315 euros).

- Colectores residuais de conexión co colector principal da avenida de Castrelos dende o pazo Quiñones de León (131.076 euros).

- Levantamento topográfico do perfil lonxitudinal e proxecto de eliminación do sector sur (Coruxo). 169.563 euros.

- Substitución do colector de saneamento xunto ao mercado de Bouzas (39.205 euros).

- Reposición da rede de abastecemento da rúa Colombia (92.852 euros).

- Minuta dos honorarios da redacción dos proxectos "Prolongación emisario Alcabre" e "Emisario do aliviadeiro da rúa Coruña" (87.500 euros).

- Melloras na EDAR de Teis (257.324 euros).

- Acometidas do proxecto complementario do saneamento de Beade (102.064 euros).
Descargar todas as imaxes