Escoitar

Preto de 125 deportistas participarán no XVIII Triatlón Cidade de Vigo

Bouzas acollerá o vindeiro domingo o xa tradicional triatlón Cidade de Vigo, presentado en rolda de prensa pola concelleira Marisol Polo. Un encontro que comezará a partir das once da mañán e no que preto de 125 deportistas terán que facer fronte a 750 metros de natación, 20 kilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé.

venres, 24 set 2004
1096025448triatlon2.jpg
O entorno da parroquia de Bouzas acollerá, o vindeiro domingo 26 de setembro, o XVIII Triatlón Cidade de Vigo, organizado polo Clube Triatlón coa colaboración do Concello e a Federación Galega de Triatlón.

A proba comenzará ás once da mañán e terá como centro neurálxico a praia de Bouzas, xunto ao campo de fútbol e o polideportivo, colocándose a área de transición e a meta na explanada existente diante do areal. O tempo estimado para que os primeiros participantes cheguen á meta será arredor das doce da mañán, e para os máis rezagados preto das 12.30 horas. Ás 13.00 horas será a entrega de trofeos.


Dende a organización prevese a participación de preto de 125 triatletas chegados de tódala xeografía española, na súa maioría galegos, que terán que percorrer 750 metros a nado, 20 kilómetros en bici e 5 de carreira a pé.

Así, a proba arrancará no embarcadeiro da asociación de mariñeiros de San Miguel de Bouzas, nadando en línea recta ata unha boia situada a 200 metros despois da ponte da circunvalación, onde xirarán ata outra boia situada nun dos ollos da ponte para que dende aquí enfilen en línea recta ata a pequena praia de Bouzas, compretando, desta forma, os 750 metros de natación.

Seguidamente, iniciarán os 20 kilómetros de ciclismo dando cinco voltas de 5 kilómetros a un circuito situado dende os boxes de Bouzas e a rotonda de Ricardo Mella, pola circunvalación de Bouzas-Castrelos. A circunvalación permanecerá pechada ao tráfico entre as 10.30 e as 12.30 horas nos dous tramos para facilitar o desenrrolo da proba.

Ao término do ciclismo tocaralle o turno aos 5 kilómetros a pé, onde os triatletas terán que dar dúas voltas polo paseo marítimo de Bouzas.

Participación
A proba está pechada aos triatletas federados dos 15 clubes galegos, que se verán as caras co Canoe-Fuji de Madrid, o Penude de Baixo de Braga e o C.T. Perosinho de Oporto.

Como candidatos ao triunfo estarán os triatletas do Fluvial de Lugo Javier Gómez Noya (aínda por confirmar), David Castro e Emilio Montilla, actuais campións de España. Xunto a eles competirán Antonio Rivas do Carballo, Manuel Gayoso do Muralla de Lugo, Javier Nercellas e Alberto Trillo do Bricosa de Santiago e Pedro Esmoris da Coruña. Polo Triatlón de Vigo destacará a participación do xoven Borja Conde.

Na categoría feminina, as principais aspirantes á final serán Natalia Raña (irmá de Iván Raña) e Amelia Roca do Carballo, que medirán as súas forzas contra Guadalupe Moreno do Triatlón Ourense, Cristina Azanza do Fluvial e a cadete Patricia Cañada do Triatlón Vigo.

Para máis información pódese consultar a páxina do clube vigués www.ctvigo.com
Descargar todas as imaxes