O MARCO inaugura con "Ángela de la Cruz" o Espacio Anexo, un lugar reservado para impulsar a producción dos artistas galegos
Coa exposición da obra de Ángela de la Cruz, o MARCO inaugura o programa de exposicións do Espacio Anexo, unha sala de proxectos coas súas características e elementos distintivos, que funcionará como contrapunto á programación principal, dando cabida e apoio ás obras dos autores locais e autonómicos.
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) inaugura, dende hoxe e ata o 4 de setembro, o programa de exposicións do Espacio Anexo, dedicado íntegramente á obra de Ángela de la Cruz. Esta sala de proxectos denominada Espacio Anexo pretende cubrir unha nova línea de programación que responde á necesidade de apoiar a producción de exposicións de novos artistas gallegos, facilitando as produccións que non poderían levarse a cabo sen a axuda dunha institución. Será pois un proxecto global e autónomo, que servirá de complemento das grandes salas e baseado en programacións necesariamente diferentes.
O Espacio Anexo é unha estructura arquitectónica exterior ao edificio principal, situada na súa praza peonil posterior e composta por dúas salas cunha superficie total de 100 metros cuadrados. A idea é confrontar a novos creadores coas particularidades deste espacio, estimulando a producción de obras específicas para este ámbito. Unha das peculiaridades do Anexo é o de estar situado en medio dunha área de libre circulación de viandantes, convertindo as salas nun escaparate cara ao exterior.
MARCO prevé para este espacio unha serie de cinco exposicións ao ano, que serán de acceso gratuito. Para unha completa difusión e promoción da obra dos artistas emerxentes de ámbito local e autonómico, publicarase un catálogo monográfico que sirva para dar a coñecer o seu traballo fora das nosas fronteiras.
O primeiro proxecto do Espacio Anexo consiste en dúas obras "in situ" realizadas pola artista Ángela Cruz. Trátase da primeira exposición individual en España dunha artista, galega de nacemento, cuia obra é moito máis coñecida no ámbito internacional. Tanto "Larger than life" (Máis grande ca vida), como "Stuck" (Incrustado) son pinturas-esculturas realizadas a medida para as dúas salas do Espacio Anexo, que xogan co sentido do espacio e dos seus límites en sentido real e figurado. Unha invade literalmente a sala principal impedindo o acceso do espectador, mentres a outra, ao incrustarse na entrada do corredor de acceso á segunda sala, bloquea o paso á mesma.