A Xunta de Goberno Local adxudica o subministro e instalación de sistemas de iluminación artística do "Proxecto Ilumina"
O sistema de alumeado, baixo o deseño previo dunha ruta luminosa, permitirá o disfrute dos principais sinais de identidade da cidade como a Casa da Cultura ou a Biblioteca Central. Un proxecto de colaboración coa Xunta de Galicia que conta cun presuposto de 186.487 euros.
A empresa Ecler, laboratorio de electro-acústica, S.A., será a encargada do subministro e instalación de sistemas de iluminación artística de edificios e monumentos históricos da cidade, por un importe de 184.846 euros, por ser a mellor oferta valorada das presentadas ao procedemento negociado.
Así, o "Proxecto Ilumina" convértese nunha clara aposta polo patrimonio vigués mediante un sistema de alumeado que permitirá o disfrute dos edificios máis recoñecidos, dándolle, desta forma, un novo rostro á cidade.
O primeiro paso deste proxecto consistirá no deseño dunha "ruta luminosa" por parte dos técnicos municipais, onde se incluirán nun catálogo tódolos edificios susceptibles de sumarse a este proxecto. A ruta luminosa terá como principal obxetivo deseñar un novo mapa estético do casco urbano, recuperando unha visión inédita dos sinais de identidade de Vigo.
Bolsas de traballo
A Xunta de Goberno Local, adxudicou, asimesmo, catro bolsas de traballo para a realización de prácticas en oficinas e servizos de información turística durante o periodo comprendido entre outubro de 2004 a maio de 2005.
Dos 24.000 euros aprobados polo Goberno Municipal, imputaranse a este exercicio un total de 9.000 euros, correspondentes ás mensualidades de outubro, novembro e decembro. O resto do gasto aprobado imputarase ao exercicio do 2005.