luns, 27 set 2004
A moción presentada polo BNG, que incidía no incumprimento dos obxetivos da ORA ao non asegurar a rotación do aparcamento no centro urbán, foi rexeitada polo resto dos grupos municipais. O Pleno da Corporación, aínda recoñecendo en ocasións o defectuoso funcionamento do servizo, apostou pola súa necesidade e acordou unha revisión e mellora das súas condicións de funcionamento.
luns, 27 set 2004
Ademáis, levarase a cabo a reconstrucción e consolidación da escollera de protección de temporais sita na illa de Toralla, racionalizando e mellorando o perfil desta obra de protección, permitindo, así, devolver ao mar preto de 5.000 metros cadrados ocupados actualmente por un recheo.
luns, 27 set 2004
O sistema de alumeado, baixo o deseño previo dunha ruta luminosa, permitirá o disfrute dos principais sinais de identidade da cidade como a Casa da Cultura ou a Biblioteca Central. Un proxecto de colaboración coa Xunta de Galicia que conta cun presuposto de 186.487 euros.
luns, 27 set 2004
O estudio sobre drogodependencias e outras adiccións nos xoves, verase reforzado cun programa de prevención do consumo de drogas de síntese e outros fenómenos urbanos, para os que o Goberno Municipal destinará un total de 61.000 euros. Asimesmo, concederá subvencións a tres asociacións de interese social por un importe de 3.200 euros.
luns, 27 set 2004
A programación do Cine Club Lumiere chega xa ao seu fin tras un ciclo que deu cabida a tres produccións recoñecidas a nivel internacional.A proxección da cinta de Fritz Lang, que terá lugar o luns 27 de setembro no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, será a encargada de colgar o cartel de "The End".