MARCO trae en outubro "O estado das cousas", unha exposición itinerante sobre o tratamento do "obxeto" nas distintas correntes artísticas
Coas mostras de artistas tan prestixiosos coma Marcel Duchamp, Andy Warhol ou Richard Hamilton, MARCO acerca aos vigueses unha exposición procedente dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC), que consta de 117 obras entre esculturas, pinturas, instalacións e material audiovisual. "O estado das cousas. O obxeto na arte de 1960 aos nosos días" estará en Vigo ata o 9 de xaneiro.
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) aloxará a partir do 8 de outubro e co patricinio do Xacobeo a exposición O Estado das Cousas. O obxeto na arte de 1960 aos nosos días. Esta é unha coproducción do MARCO e do Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria, o ARTIUM, que recuperan unha mostra de 117 obras procedentes das coleccións dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC).
A través dunha selección destes fondos, a mostra presenta un percorrido pola evolución da arte contemporánea internacional dende principios dos anos sesenta –momento en que se produce a integración do obxeto cotiá como parte do discurso artístico- ata os nosos días. Deste xeito, preséntase e analízase a categoría do "obxeto" na arte en tódalas súas formas e estados a través das diferentes corrientes do arte.
Na versión de MARCO e ARTIUM, o proxecto orixinal verase enriquecido coa inclusión de Juan Muñoz e Joan Brossa, dous artistas españois recentemente falecidos e ben representados nas coleccións dos FRAC, aos que se lles adican sendas salas dada a importacia das súas traxectorias e a presentación diametralmente oposta no tratamento do obxeto.
A mostra, que permanecerá no MARCO ata o 9 de xaneiro e posteriormente trasladarase a Vitoria, está formada por 117 pezas, na súa maioría esculturas, pero tamén consta de pinturas, instalacións, obxetos, fotografías e videoproxeccións. MARCO e ARTIUM editarán un catálogo trilingüe en castelán, francés e galego/euskera, cun texto de Eléonore Jacquiau Chamska, ademáis de fotografías, fichas técnicas e descripcións das obras expostas, e información sobre os FRAC.
Descargar todas as imaxes