As XII Xornadas das mulleres veciñais, "Muller, sé ti mesma", presentáronse no Concello
A concelleira Lucía Molares presentou a duodécima edición destas xornadas xunto coa responsable da vocalía de Muller da Federación Veciñal "Eduardo Chao", Mercedes Penabella. Ambas resaltaron a importancia do último día ao concidir co Día Internacional contra a violencia de xénero.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe as XII Xornadas das mulleres veciñais de Vigo baixo o título "Muller, sé ti mesma" e que tratarán de reflexionar sobre a identidade da muller. As xornadas terán lugar os días 23, 24 e 25 de novembro no Centro Cultural Caixanova e este último día será especial ao coincidir co Día Internacional contra a violencia de xénero.
As xornadas deste ano contarán con catro invitadas moi especiales que participarán nos obradoiros simultáneos e na posta en común final de cada xornada. Trátase de María Jesús Lago Rey, a primeira muller española en alcanzar a cima do Everest sin necesidade de oxíxeno e que falará sobre "A muller no deporte": cómo chegar á cima sendo muller; cómo construir unha identidade feminina nun mundo tradicionalmente masculino como o deportivo; relacións interpesonais dunha deportista de élite. A presencia de María Jesús Lago está prevista sólo para o primeiro dos días, o martes 23.
Sandra G. Verba é técnica en recursos terapéuticos, expresivos, corporais e psicodramáticos. Falará sobre o "Xénero feminino, número singular": obradoiro participativo que replantexa o lugar da muller dende o sentir, o pensar e o facer cotidiano; un percorrido pola nosa interioridade para descubrir as nosas necesidades e desexos.
Mercedes Oliveira Malvar: doutora en filosofía e profesora no IES Alexandre Bóveda. Membro da Xunta Directiva da ONG de dereitos sexuais "Federación de Planificación Familiar de España". Levará o obradoiro "Xogar a saber quenes somos": un espacio vivencial de autocoñecemento destinado a revisar a nosa identidade e a incrementar a nosa autoestima. Reflexionaremos sobre os nosos medos, as inseguridades, os nosos coidados e sobre cómo nos relacionamos coas mulleres.
Lydia Gómez Valverde, socióloga, psicóloga social, psicoanalista. Ten ampla experiencia clínica e é membro de diversos organismos vencellados ao mundo da muller. Falará sobre os "Conflictos entre mulleres, ¿cousa de homes? O poder do estereotipo". Desvelar as ropaxes sociais que pretenden definir en qué consiste a muller, os estereotipos, que teñen o enganoso poder de aparentar unha "natureza" intrínseca e, polo tanto, unha permanencia. É no poder dos estereotipos onde hai que buscar a maioría das formas do conflicto entre mulleres, sen esquecer que o sistema sexo/xénero responde a unha lóxica masculina de poder.
As xornadas comezarán cada día ás catro e media e terminarán ás nove da noite. O último día será dedicado monográficamente á violencia de xénero por coincidir coa celebración internacional en contra da mesma. Proxectarase o corto de Itziar Bollaín "Amores que matan" e celebrarase unha concentración contra a violencia de xénero que saldrá das portas do MARCO. Esta concentración sincronizarase con outras previstas por diversas asociacións para este día polo mesmo motivo para que se xunten as súas voces.
A inscrición a estas xornada poderá facerse nas distintas asociacións de mulleres, asociacións veciñais e na Federación de asociacións "Eduardo Chao". O día 26 celebrarase unha cea no Hotel NH á que están invitadas tódalas asistentes aos actos anteriores. O prezo do cuberto é de 23 euros.
Descargar todas as imaxes