Escoitar

As mulleres veciñais analizan o espazo persoal propio

"Por un espazo persoal propio" é o título das XIII Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo que se celebrarán os días 18,19 e 20 de outubro no Centro Cultural Caixanova e que presentou hoxe venres a concelleira da Muller, Lucía Molares e que están organizadas pola Federación Veciñal Eduardo Chao.

venres, 14 out 2005
1129287814juli1.jpg
A actual edición centrarase nos motivos polo que a muller foi perdendo os seus espazos propios e cómo pode ir conquistando de novo ese espazo persoal. Un espazo persoal, segundo as organizadoras, que sirva para eliminar as desigualdades, os lazos de dependencia e xerar un cambio de actitude para que, sen renunciar a súa propia natureza, consiga un desenvolvemento persoal pleno.

A dinámica das xornadas consiste na participación das asistentes aos diferentes obradoiros sobre o sons, as cores e outras experiencias sobre novos espazos persoais. O programa complétase cun concerto e unha conferencia antropolóxica sobre cómo a muller foi apartada progresivamente do poder.

As Xornadas das Mulleres Veciñais celébranse dende o ano 92 como resposta á necesidade de formación e foro de debate aberto e permanente sobre temas de interese xeral para as mulleres.

Descargar todas as imaxes