Figueroa salienta a importancia da coordinación entre as administracións para rehabilitar o Casco Vello
O concelleiro de Urbanismo e presidente do Consorcio Casco Vello, José Manuel Figueroa, salientou hoxe venres a importancia da coordinación entre o Concello, a Xunta e Zona Franca para a rehabilitación desta parte da cidade.
José Manuel Figueroa, que realizou hoxe venres un percorrido polo Casco Vello e polo casco histórico de Bouzas en compañía dos integrantes do Consorcio e da directora xeral de Vivenda, Encarna Otero, resaltou tamén o consenso entre os grupos políticos da corporación municipal para levar a cabo a recuperación destas zonas.
Ademais, o concelleiro mostrou o seu desexo de que o Consorcio aglutine as actuacións que se están a levar a cabo no Casco Vello e no casco histórico de Bouzas, entre as cales citou as do Barrio do Cura e o Centro Comercial A Laxe. A esta última referiuse como unha posible "zona de rehabilitación importante".
Pola súa parte, Encarna Otero afirmou que "só desde a intervención pública" se pode preservar "a riqueza dos cascos históricos", fundamental, dixo, para que os máis necesitados poidan acceder a unha vivenda digna. Do de Vigo dixo que "é moi grande", polo que serán necesarias "actuación graduais que levan tempo".
A directora xeral de Vivenda asegurou que "temos ante nós un traballo duro e difícil pero levamos un longo camiño andado". Neste sentido, loou a "anuencia" de Concello, Xunta e Zona Franca, que considerou "un signo de que só pode haber éxitos".
Descargar todas as imaxes