Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Corte ao tráfico das rúas Luis Taboada e Gamboa

<br />

venres, 14 out 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, estarán pechadas ao
tráfico as rúas Luís Taboada e Gamboa, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 17 ás 00:00 horas até o domingo 23 de outubro de 2005 ás 24:00 horas
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Reconquista, Marqués de Valladares e Fermín Penzol para o acceso ao Casco Vello.
Asemade, reabrirase a Praza de Compostela e García Olloqui en dobre sentido de circulación
Solicítase a máxima colaboración cidadá.