Os movementos feministas mobilízanse no "Día Mundial da Muller"
Con motivo do Día Mundial da Muller, o movemento feminista Marcha Mundial das mulleres organizará manifestacións simultáneas nas principais cidades galegas.
O Día Internacional da Muller, vense a celebrar dende 1.975, ano declarado por Nacións Unidas como Ano Internacional da Muller, pero que ten a súa orixe en 1908 en Nova York para mellorar as súas condicións de vida.
A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais longuísimas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores ós dos homes. A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco empezaron a organizarse.
Unha das protestas reivindicando mellores condicións laborais foi a que protagonizaron as traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, en Estados Unidos. Era o 8 de marzo de 1908 e as traballadoras encerráronse no interior para pedir que se lles reducira a súa xornada laboral a 10 horas. Os propietarios da fábrica decidiron incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de 129 traballadoras mortas. A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron.
Estes son os feitos puntuais, que nos serven de referencia concreta para conmemorar este día, pero o 8 de marzo é moito máis ca celebración duns feitos concretos. Por iso, neste día dedicamos unha xornada de reflexión sobre o largo camiño cas mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
Co lema de "menos discursos e mais recursos" o movemento feminista Marcha Mundial das Mulleres vai facer concentracións e manifestacións simultáneas en distintas localidades galegas. Vigo, Ourense, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Compostela, Ponteareas e Cee serán, entre as 20 e as 20,30 horas da tarde do martes, unha voz común que loite contra a discriminación por causa de xénero.
Marcha Mundial das Mulleres é unha acción do movemento feminista internacional de loita contra a pobreza e a violencia de xénero. Por iniciativa da Federación de Mulleres do Quebeque, mais de 3.500 organizacións en todo o mundo levan, desde o ano 2000, desenvolvendo actividades ao redor destes obxectivos comúns.
O lema deste ano ten como causa a diferencia que esta organización observa entre a igualdade de dereitos entre mulleres e homes, xa ben asumida por todos os axentes sociais, e a indeferencia ante a desigualdade real na vida cotiá. Así, este movemento pide aos poderes públicos que os seus discursos non sexan baleiros e vaian acompañados dos recursos necesarios para os levar adiante.
Ademais, outras entidades da cidade de Vigo realizarán conferencias, charlas, teatro e outras actividades con motivo da celebración deste día. A organización destes actos contará co apoio do departamento de Muller do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes