A Comisión de ruídos acordou a prohibición de dar licencias nas zonas saturadas
A Comisión declarou zonas saturadas de ruídos as rúas Compostela, Inés Pérez de Zeta, Areal, Rosalía de Castro, Churruca, Teófilo Llorente, Martín Códax e Rogelio Abalde.
A Comisión de ruídos do Concello de Vigo reuniuse hoxe para acordar medidas en relación ao crecemento da contaminación acústica nalgúns puntos da cidade, ruídos principalmente vinculados á movida nocturna.
A Comisión tomou o acordo de revisar 46 locais denunciados por ruídos, medida para a que presentaron un prazo de dous meses. En segundo lugar, a Comisión decidiu declarar zonas saturadas de ruídos as seguintes rúas: praza de Compostela, Inés Pérez de Zeta, Areal, Rosalía de Castro, Churruca, Teófilo Llorente, Martín Códax e Rogelio Abalde.
Ante estes acordos, xurdiron dous medidas de actuación:
A presentación de alegacións ao PXOM para determinar a prohibición do uso de cafés bar con música para estas zonas.
Facer un estudo sonométrico para iniciar un expediente aos locais das zonas saturadas.