Nova concentración contra a incesante violencia doméstica
Veciños de Vigo e membros da Corporación municipal participaron este mediodía na Praza do Rei nunha concentración silenciosa coa que quixeron manifestar o seu rechazo aos últimos asasinatos por violencia doméstica.
Veciños de Vigo sumáronse a varios membros da Corporación municipal nunha concentración silenciosa este mediodía na Praza do Rei para manifestaren o seu rechazo á violencia doméstica, que continuou sumando víctimas en España nestes últimos días. Ao final do acto de protesta, a concelleira de Muller, Lucía Molares, desexou "que non teñamos que manifestarnos máis por este motivo".