Aprobado inicialmente o regulamento orgánico de Participación Cidadá do Concello
O novo documento dotará aos cidadáns dunha maior e mellor participación nos asuntos do Concello. A Xunta de Goberno aprobou tamén a contratación de 70 peóns e 23 oficiais, dos que o 69% son mulleres, dentro do Programa Bial.
A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o proxecto de regulamento orgánico de Participación Cidadá do Concello que dotará aos cidadáns dunha maior e mellor participación nos asuntos do Concello referentes á política municipal. O documento prevé que esta maior participación cidadá poida realizarse mediante consultas populares, sondaxes ou enquisas de avaliación de calidade dos servizos municipais aínda que non se especifica a norma exacta destas consultas que deberán resolverse internamente. O regulamento deberá ser exposto a información pública por un prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións por parte dos cidadáns.
No área de cultura a Xunta de Goberno aprobou as bases da convocatoria do XLI Concurso-Exposición da camelia, que terá lugar os días 26 e 27 de febreiro de 2005 nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo. A Camelia de Ouro será entregada ao concursante máis destacado en todo o conxunto de variedades que se presenten. Haberá ademais un premio especial denominado "Antonio Odriozola", un premio especial da Asociación Española da Camelia ao concursante novel máis destacado e ata dez premios máis para as mellores variedades desta flor.
No apartado de deportes, a Xunta autorizou o gasto de 6.010 euros en cumprimento do convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Real Federación Galega de Atletismo como consecuencia dos gastos de mantemento das pistas municipais de Balaídos.
No asunto da contratación de peóns e oficiais do Programa Bial, a concelleira Lucía Molares anunciou a contratación de 70 peóns e 23 oficiais de entre as máis de 700 solicitudes recibidas. Aínda que as solicitudes fixéronse nunha proporción do 54% de homes e o 46% de mulleres, das 93 aceptacións o 69% son mulleres e só o 31% son homes. Isto vai explicado polo dobre obxectivo do Programa Bial de favorecer a contratación de mulleres, en especial das maltratadas, e aos colectivos desfavorecidos. O contrato laboral comeza o 1 de febreiro de 2005 e ten un ano de duración sendo a ocupación principal a obra pública e habendo tamén un 15% destinado a formación.
A Xunta de Goberno aprobou, dentro das subvencións destinadas a entidades locais de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de promoción da muller ao Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia, por un importe de 601.577,28 euros.
No área de Urbanismo destaca o recurso de reposición contra contra a probación definitiva do Proxecto de Urbanización para a ampliación da rúa Tellería en Castrelos. O concelleiro José Manuel Figueroa anunciou tamén o acordo alcanzado coa comisión de afectados polo Plan Especial de La Guía nunha recente reunión entre o xerente de Urbanismo, o presidente da comisión e técnicos das dúas partes onde resolveuse cambiar o sistema de expropiación por un de compensación. José Manuel Figueroa destacou o esforzo do Goberno por atender as aproximadamente 12.000 alegacións presentadas e resolver positivamente o conflicto.
Respecto as obras de pavimentación das rúas Ecuador e Urzaiz ata o Calvario, o concelleiro José Manuel Figueroa explicou que as obras poden alongarse debido a uns problemas cos colectores pero que non superarán as dúas semanas. Avisou que as obras, xa en execución, provocarán algunhas desviacións do tráfico pero que deben ser entendidas polos cidadáns xa que son actuacións necesarias. Unha vez terminadas estas, comezarase coa avenida das Camelias e Alfonso XIII, dende a estación de trens ata García Barbón. O concelleiro anunciou tamén a presentación nas próximas semanas dun plan para o rural.
Por último, o voceiro do Goberno Municipal anunciou a elección da Escola de Artes e Oficios para a exposición do Plan Xeral de Ordenamento Municipal. O lugar contará con persoal para informar ao público e un rexistro para as alegacións dos cidadáns.
Descargar todas as imaxes