Rubén Ledo expón a súa arte na Casa da Xuventude a partir de mañá
A Sala de Exposicións da Casa de Xuventude acolle a partir de mañá unha mostra do pintor Rubén Ledo, concibida, segundo el mesmo, para "adentrar a persoa que observa no seu propio mapa mental".
A partir de mañá martes día 25 de xaneiro abrirase unha nova mostra na Sala de Exposicións da Casa da Xuventude. O artista chámase Rubén Ledo e é un pintor novo que amosa por primeira vez a súa obra na nosa sala. Será pola tarde cando as obras estean xa expostas para o público interesado.
A descrición que el mesmo fai do seu proxecto resúmese nas seguintes palabras: "Ten como obxectivo principal adentrar a persoa que observa no seu propio mapa mental, no que se xestarán as conexións entre a percepción e o centro emotivo de cada individuo. Esta mostra dá un enfoque no surrealismo e transmite sensacións por medio do movemento continuo da pincelada".
As obras poden contemplarse ata o mesmo venres 4 de febreiro en horario de apertura da Sala de Exposicións, que é de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.
Descargar todas as imaxes