Novos cursos da concellería da Muller
A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos de "Achegamento á Informática", "Achegamento a Internet" e "Obradoiro de Escrita Creativa" que subvenciona o servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Os cursos de carácter gratuíto están destinados a mulleres maiores de 35 anos e teñen prazas limitadas. As clases de "Achegamento á informática" serán os días 21,22,24 e 28 de febreiro e 1 ,3 e 7 de marzo; en horario de 16:15 a 18:15 horas no edificio Asefal, na rúa Elduayen. O curso de "Achegamento a Internet" celebrarase os días 21,22,24 e 28 de febreiro e 1,3 e 7 de marzo de 18:30 a 20:30 horas, tamén no edificio Asefal.
O obradoiro de escrita creativa terá lugar os días 1,3,15 e 17 de marzo de 18:30 a 20:30 horas na Casa das Mulleres, na rúa Romil.
As inscricións para participar nestes cursos poden realizarse na oficina da muller, primeira planta do Concello de Vigo ou chamado ao teléfono 986 810284, en horario de 8:00 a 15:00 horas.