A arquitectura mozárabe centrará o IX Seminario de Arte Románica
O IX Seminario de Arte Románica, que conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio Histórico, abordará o fenómeno da arquitectura mozárabe a través de catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña. Será no Centro Cultural Caixanova do 19 de febreiro ao 12 de marzo e a inscrición poderá solicitarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 17 de febreiro.
O Centro Cultural Caixanova acollerá a partir do 19 de febreiro o IX Seminario de Arte Románica, co que colabora a Concellería de Patrimonio Histórico. O Seminario abordará na edición deste ano o fenómeno da arquitectura mozárabe e contará con catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña, experto coñecedor da arte medieval e colaborador en diversas publicacións.
A primeira delas, o día 19 de febreiro, leva por título "Carácter. Asturias, Aragón, Catalunya". A segunda, o 26 de febreiro, versará sobre o mozarabismo no Reino de León, que tamén ocupará, xunto co Condado de Castela, o espazo da conferencia do 5 de marzo. O Seminario acabará o 12 de marzo coa conferencia "Condado de Castela, Toledo, Galicia", acompañada dunha proxección de imaxes da arte mozárabe.
Esta arte, que constitúe unha xoia do prerrománico español, foi creada por cristiáns procedentes dos territorios dominados polos musulmáns. En Vigo, como consta na documentación, a igrexa de Santiago de Bembrive foi a substituta doutro templo que alí existiu no ano 915 e que se supón mozárabe.
Aqueles que o desexen poderán inscribirse neste seminario ata o día 17 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello, por 9 euros, enviando a ficha adxunta xunto co xustificante do pagamento da matrícula.