O órgano xestor de praias do Concello prepara a vindeira temporada de verán
De cara a preparar a próxima temporada de verán, o órgano xestor de praias do Concello mantivo onte unha reunión na que tratou, entre outros asuntos, da instalación de quioscos e actividades deportivas, a dotación de servizo de socorristas e a concesión ás praias do distintivo da bandeira azul.
O órgano xestor de praias do Concello reuniuse onte para preparar a vindeira temporada de verán. Na dita reunión tomouse a decisión de solicitarlle a Costas nos próximos días a ocupación de espazo nas praias de Vigo para a instalación de quioscos. Neste sentido, xa se comezaron a elaborar os pregos de condicións para a concesión de licencias. O concurso para este fin empezará en breve.
Así mesmo, o órgano xestor de praias acordou aceptar as peticións para a instalación de actividades de temporada, fundamentalmente deportivas, ata o 30 de abril. Ademais, prevese contar en semana santa con contenedores e servizo de socorristas, cuxo proceso de contratación se iniciará proximamente.
Tamén de cara a acondicionar as praias para a temporada de verán, contratarase a instalación de papeleiras e o balizado das praias, servizos que estarán a disposición dos usuarios no mes de maio. Por outra parte, decidiuse solicitar a bandeira azul para as praias que xa gozaron desta distinción o ano pasado.
O órgano xestor de praias foi creado polo goberno municipal para coordinar os diversos departamentos do Concello que realizan actividades destinadas a manter as praias nas mellores condicións. Nel actúa como secretario o técnico superior de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Jesús Núñez-Torrón. Ademais, forman parte do órgano xestor de praias o coordinador da área de servizos, a xefa de Seguridade e Transportes, o xefe do servizo de Limpeza, o xefe de Montes, Parques e Xardíns, o xefe do Parque Móbil, a coordinadora de Turismo e Comercio, o enxeñeiro técnico de Obras Públicas e o técnico de Deportes.