Corina Porro e outros membros da Corporación Municipal asisten á lectura da Constitución Europea
A alcaldesa, Corina Porro, e o voceiro do PSOE, Ventura Pérez Mariño, entre outros asistiron á lectura organizada pola Fundación Iniciativas 21.
A alcaldesa, Corina Porro, participou no acto de lectura da Constitución Europea que transcurre hoxe ao longo de todo o día, simultáneamente nas sete cidades galegas. Ao acto, que en Vigo tivo lugar na Casa Galega da Cultura e estivo organizado pola Fundación Iniciativas 21, asistiron tamén o voceiro do PSOE, Ventura Pérez Mariño, e o delegado do Estado na Zona Franca, Francisco López Peña, ademáis de outros concelleiros e persoas anónimas que poden incorporarse a esta lectura aberta. O horario de lectura foi de 12 a 14 e de 17 a 20 horas.