Vigo-Zoo ampliará a súa superficie en 10.000 metros cadrados
O zoolóxico da Madroa ampliará a súa superficie en máis dun 15 cento. Así o acordaron hoxe os integrantes do Organismo Autónomo de Vigo-Zoo, que tamén deron o seu visto bo a dous convenios de colaboración, un coa Universidade e outro co CSIC. Unhas 102.000 persoas visitaron Vigo-Zoo o ano pasado, un 16 por cento máis que en 2003.
O Organismo Autónomo de Vigo-Zoo acordou aprobar na súa reunión de hoxe o proxecto de ampliación do zoolóxico. O proxecto, elaborado por Ángel Costa Lloreda, conta cun orzamento de 226.462 euros e prevé dotar o actual zoolóxico dunhas condicións de servicio máis axeitadas aos criterios actuais de funcionamento dun parque das súas características.
As obras proxectadas sitúanse nunha parcela de 10.338 metros cadrados, anexa ao terreo ocupado polas instalacións actuais de Vigo-Zoo. Deste modo, conseguirase aumentar a superficie do zoo da Madroa en máis dun 15 por cento, dos 55.500 metros cadrados actuais ata 66.000. O proxecto será presentado á iniciativa europea Interreg III
Por outra banda, o Organismo Autónomo de Vigo-Zoo deu o seu visto bo a un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo, polo que ambas as entidades realizarán de maneira conxunta actividades e proxectos de interese común.
Este acordo establece para o presente ano un programa que contempla a organización e guía de visitas escolares, xunto co desenvolvemento da actividade "Un día no zoo". Tamén se inclúen no convenio a actualización da páxina web de Vigo-Zoo e o apoio a investigadores e estudiantes. Así mesmo, Vigo-Zoo e a Universidade colaborarán na organización de visitas interpretativas itinerantes e participarán conxuntamente en feiras e congresos. Vigo-Zoo destina 26.340 euros para subvencionar o programa educativo previsto neste acordo, que contará cun coordinador e catro monitores.
Ademais, o Organismo Autónomo de Vigo-Zoo decidiu colaborar co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nun proxecto de obtención e conservación de mostras de xermoplasma e tecidos de lince boreal. As mostras obtidas no marco deste proxecto conservaranse como parte do Banco de Xermoplasma de Especies de Fauna Silvestre Ameazada.
Por último, déronse a coñecer as cifras de visitantes de Vigo-Zoo durante o ano 2004, que reflicten un incremento de cerca dun 16 por cento con respecto ao 2003. Unhas 102.000 persoas visitaron o zoolóxico da Madroa o ano pasado, sendo os meses de maior afluencia os de agosto e abril.
Descargar todas as imaxes