A Xerencia de Urbanismo modifica o Plan Xeral para mellorar os viais e accesos do Meixoeiro
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou onte a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística no relativo á ordenación de viais na zona do Meixoeiro-Bembrive e accesos ao Hospital do Meixoeiro, para garantir os mínimos de funcionalidade e accesibilidade necesarios e imprescindibles.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu aprobar provisionalmente na súa reunión ordinaria de onte a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOU) no relativo á ordenación de viais na zona do Meixoeiro-Bembrive e accesos ao Hospital do Meixoeiro.
Esta modificación puntual ten por obxecto ampliar a 16 metros a sección transversal dos viais xa previstos no PXOU para acceso ao Hospital do Meixoeiro. Tamén se pretende eliminar o vial previsto ao norte de Viña Grande, que afectaba ao Castro do Areeiro, pasando a clasificarse este terreo como solo especialmente protexido da paisaxe e masas forestais e solo de protección arqueolóxica.
Así mesmo, na dita modificación clasifícase o Castro de Areeiro como solo de protección arqueolóxica e amplíase o percorrido do vial que discorre polo cume do Monte do Meixoeiro ata acadar a residencia da Terceira Idade en construcción, cunha sección transversal de 12 metros.
Ademais, prevese unha segunda vía de acceso ao Complexo Hospitalario mediante unha conexión directa entre os actuais accesos e a estrada de Viña Grande, que se amplía ata o centro de Repsol, cunha sección transversal de 16 metros. Por último, refórzanse os nós de conexión entre os distintos viais para garantir a capacidade nas interseccións da rede viaria.