venres, 30 dec 2016
O alcalde e Carmela Silva asinaron o convenio polo que a Deputación Provincial cede ao Concello a rúa Emilia Pardo Bazán que será humanizada cun orzamento de tres millóns de euros coa mesma calidade que os resto de viais da cidade.
mércores, 28 dec 2016
O alcalde vigués informou hoxe mércores da aprobación do convenio na Xunta de Goberno Local, un acordo que se asinará o venres e que contempla a cesión da titularidade da antiga Estrada Provincial ao Concello e a súa humanización, sufragada na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra.
venres, 16 dec 2016
O goberno de Vigo acordou este venres a aceptación formal da subvención europea para acometer "unha acción histórica na cidade", explicou Caballero: levar o Vigo Vertical ao monte do Castro, ao casco histórico, á estación do AVE, ao entorno do Xeral e ao bulevar central da Gran Vía. O rexedor vigués avanzou que haberá "máis novidades" en Venezuela e Porta do Sol no marco deste proxecto.
mércores, 14 dec 2016
O concelleiro de Fomento deu conta das corenta obras de humanización que están en marcha ou a piques de comezar na cidade. Tal e como explicou, a inversión é de 27 millóns de euros e permitirá xerar un millar de postos de traballo.
mércores, 30 nov 2016
Tralas obras de acondicionamento do espazo, logo da retirada dos postos do mercado provisional, hoxe "abre á cidadanía" a nova praza superior do Mercado do Progreso que será a terraza do mesmo, segundo sinalou durante a visita Abel Caballero quen valorou que "está preciosa". O Concello investiu 90,000 euros nas obras de remodelación e máis de 4 millóns de euros na renovación do conxunto do mercado que, dixo, está funcionando ben, polo que considera que se trata dun "éxito cidadá".
venres, 11 nov 2016
As obras renovarán os pavimentos, a iluminación, as xardineiras e o mobiliario urbano así como o saneamento e abastecemento. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a redacción do proxecto de renovación da rede de abastecemento de Teis nas zonas de Mimosa, Xorxa e Arnela e a adxudicación da xestión do albergue á Cruz Vermella por un prezo superior aos 3 millóns de euros.
venres, 4 nov 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de obras para a construción dun aparcamento gratuíto nos terreos de titularidade municipal do Álvaro Cunqueiro que se realizarán nun prazo de seis meses.
mércores, 26 out 2016
Abel Caballero presenciou esta mañá o comezo das obras de renovación das redes de saneamento e abastecemento que rematarán a finais de ano e ás que seguirá a humanización da mesma vía que, amais da mellora dos espazos, do alumeado ou do rego incluirá a instalación dun parque biosaudable.
martes, 18 out 2016
O rexedor deu conta do avance na tramitación para continuar coas humanizacións das rúas Aragón e Gregorio Espino. No seu conxunto, estes traballos ascenden a preto dun millón de euros, tal e como explicou o rexedor.
luns, 3 out 2016
Abel Caballero deu conta esta mañá da decisión de Europa de outorgar a Vigo 15 millóns dentro da convocatoria de axudas de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) cofinancidas con fondos Feder. Tal e como avanzou, esta achega servirá para sufragar varios proxectos do chamado Vigo vertical.