Escoitar

Caballero reitera a intención do goberno local de humanizar as rúas transversais a Rosalía de Castro

Abel Caballero foi testemuña esta mañá do momento no que José María Barreiro, autor da escultura de Rosalía de Castro, asinou a súa obra, instalada polo Concello nunha rotonda hai varias semanas. En posteriores declaracións aos medios, o alcalde reiterou a súa vontade de seguir humanizando todas as tranversais desta céntrica rúa.

xoves, 16 xul 2015
1437053600barreiro.JPG
Logo de eloxiar o resultado as obras de humanización da rúa Rosalía de Castro, na que xunto coa escultura de Barreiro, ven de instalarse o "olivo máis vello de Vigo e, probablemente, de Galicia", Caballero reiterou a súa vontade de acometer a remodelación de todas as rúas transversais: Miragaia, Serafín Avendaño, Canceleiro, Heraclio Botana e a parte de Canceleiro que resta sen arranxar.

Así o fixo nun acto no que foi testemuña do momento no que o artista José María Barreiro asinou a escultura que luce nunha das rotondas da rúa. Trátase, dixo, da segunda gran obra que este artista ten na cidade, en referencia á escultura situada en Travesía de Vigo con Aragón.
Descargar todas as imaxes