Escoitar

Inauguración exposición "Vigo. Paisaxes doutra época" na Pinacoteca Municipal

O xoves día 16 de xullo, ás 20:00 h, inaugúrase na planta baixa da Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8) a exposición "Vigo. Paisaxes doutra época", unha produción da Concellería de Cultura , comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal "Quiñones de León" do Pazo de Castrelos.

xoves, 16 xul 2015
1437041748paisaxes.jpg
A mostra presenta unha breve selección de obras de arte cuxo tema é a cidade de Vigo e a súa contorna entre, aproximadamente, os anos 1830 e 1930. Obras na súa maioría de autores practicamente descoñecidos polo gran público, con vistas e paisaxes que tampouco resultaranos doadas de identificar de tanto como transformou a cidade no seu desenvolvemento.

A vista máis antiga é un valiosísimo documento para a historia local. Trátase dun gravado publicado en 1848, feito a partir de debuxo realizado polo, célebre en Portugal, Barón de Forrester. Representa a estampa un día de feira na Praza da Constitución, coa variada veciñanza que concorre a ela: vendedoras, campesiños, frades franciscanos, etc.

A exposición estará aberta ao público ata o 27 de setembro de 2015.
Descargar todas as imaxes

Máis información